Antes de nada teredes que descargar unha copia do xogo dende o menú do Construct3.
O programa vos proporcionará un arquivo en formato c3p, que deberedes subir a unha conta na nube, por exemplo google drive, e deixar a ligazón na entrada do xogo.
Así calquera que descargue o arquivo poderá fedellar nel.
O seguinte paso é publicar o xogo no blog de xeito que se poida xogar.
Para iso teremos que colgar o xogo na web de Scirra, que é a empresa creadora do programa.
O primeiro será ir ata o apartado correspondiente da web, por exemplo a esta:
https://www.scirra.com/arcade/top-addicting-games
e pinchar en UPLOAD GAME, o botón gordo laranxa. Teredes que estar rexistrados. A conta de Construct vale.
Entón teredes que ir a Construct e ir a Menú - Proxecto - Exportar e escoller a opción Scirra Arcade. (Hay opcións para comprimir o programa, pero recomendo non usalas a menos que faga falta)
Para que o programa vos entregue un arquivo comprimido en formato zip que contén todo o xogo, imaxes, etc...
De regreso na páxina de Scirra, teredes que premer en ", onde navegaredes para excoller o arquivo zip que acabades de descargar.
Feito iso, premer no botón de abaixo de todo, UPLOAD.
Tras subir, levaravos a unha última páxina onde teredes que cubrir varios datos. É importante saber que se non cubrides todo o xogo non subirá.
Teredes que poñer
Onde poredes o nome do xogo.
. Información do xogo, a historia, os controis, os obxectivos, copyright, autorría, data, etc...
I(ntrustions. Pois iso.
. Unha breve descripción do xogo
O xénero ao que pertence o xogo. Puzzle, carreiras, etc...
Se o xogo está habilitado para xogar en móbiles.
Se o traballo está incompleto e vai a ser mellorado no futuro
Se trata temas para adultos.
E premer UPDATE DETAILS
MOI IMPORTANTE
Teredes que crear unha imaxe de 450px de ancho, e 300px de alto que servirá de portada e miniatura para o xogo. En formato png ou jpg. Podedes usar o gimp ou o inkscape.
Neste apartado final os pedirá esa imaxe. A escoilledes en navegar, dádeslle a UPLOAD e listo.
A última ventá pulsades check en todas as casiñas, premedes en PUBLISH MY GAME! e xa poderedes coller o código para pegar no html do blog. Como?Pois teredes que ir ao xogo, que xa estará colgado na galería de Scirra. Darlle, e premer no pequeno icono dunha cadea que hay xusto arriba do xogo.
Na casiña de EMBED CODE xa teredes o código necesario.
E listo!
Hosted by the Scirra Arcade
No hay comentarios:
Publicar un comentario