Hay diferentes maneiras de programalo usando aplicacións de terceiros, algunhas gratuítas e outras de pago.
Eu recomendo o uso de
Construct 3 é unha aplicación web programada en html5 que nos permitirá facer xogos sinxelos con instancias, físicas, e mesmo unha moderada intelixencia artificial.
É o programa recomendado por defecto, pois ao ser de uso web podemos usalo en calquera ordenador. É gratuíto.
Scratch é outra aplicación moi sinxela orientada a programación baseada en obxectos e cun perfil de usuario máis ben infantil/xuvenil. É gratuíto.
Outros programas coñecidos poden ser
RPG Maker está exclusivamente pensado para facer xogos de estilo action rpg, como poden ser os coñecidos pokemon ou os primeiros Legend of Zelda. É de pago.
Fusion e GameMaker son outros coñecidos sistemas para elaborar videoxogos, bastante máis elaborado e con linguaxes de programación avanzada, dende linguaxes propias a Java ou C++. É de pago.
Unity e Unreal Engine. Son quizáis os máis completos e complexos dos programas descritos, pero posúen as ferramentas para levar a cabo rpoxectos totalmente profesionais. Son gratuítos mentras non se vendan os xogos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario